Translate

martes, 24 de marzo de 2020

TODO VAI SAÍR BEN


Queridos nenos, nenas e familias:

Esta é unha entrada moi especial, porque nela colgarei, fotografías de momentos especiais que queirades compartir  para vernos e sentirnos moito máis preto nestes días de encerro. Véndonos no noso día a día recibimos unha mensaxe de ánimo, de agarimo, de cercanía e de moitísima enerxía positiva que nos vén a todos xenial para armarnos de paciencia e superar estas semanas máis xuntos que nunca.

Iso si, recordarvos que, se nesa fotografía saídes con alguén máis, é necesario que os papás ou mamás escriban unha autorización para esas persoas, a firmen, a fotografíen e me envíen unha foto da mesma ao correo, para que poida compartila.

***
Grazas por compartir con nós esta foto. Encántame ver como estades traballando día a día, dándoo todo a pesar das circunstancias...sodes os meus superheroes e superheroínas!!! Noraboa!!!

Ainara proponnos unha marabilla de xogo para pasalo pipa e, aínda enriba, repasar as sumas!!!!
Atención ás instruccións que nos mandou para este xogo chamado...

 "CAMPIONATO DE AVIÓNS DE PAPEL"

1. Cada burato ten unha puntuación.
2. Cada participante ten cinco avións.
3. E... a sumar puntos!!!
Moitísimas grazas por esta xenial idea!!




Marco foi o primeiro en animarse, e compartiu con nós unha preciosa fotografía do seu aniversario.
MOITOS PARABÉNS, MARCO!! Estamos todos desexando volver ao cole para cantarche un gran "Cumple feliz" e facer de novo fotos xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario