Translate

viernes, 20 de marzo de 2020

Bo día, nenas e nenos!! Bo día, familias!! 

Quero recordar que todo o que vos propoñemos nestes días son SUXERENCIAS para axudarvos a pasar máis entretidos estas semanas en que non podemos saír da casa, e, de paso, repasar un pouco. Eso quere dicir que non vos agobiedes con nada, facede o que poidades, só se podedes, se non, non pasa nada! E podedes usar os materiais que teñades pola casa, non é necesario imprimir as fichas! 

Anímovos a que decoredes o debuxo que mandou MegaH2O  e o mandedes ao correo profedegarda@gmail.com . Así podo colgalos no blogue para compartilos con todos os compañeir@s. Se ademais engadides a frase "Stay at home", compartímolo tamén coa profe Olalla para que o poña no seu.

Vistes o blogue da profe Olalla? Ela tamén propuxo un reto, en inglés, claro!! Pinchade no enlace para descubrir de que se trata! https://thearousabridge.blogspot.com/

Lembrade que para calquera dúbida  atoparédesme  en 
profedegarda@gmail.com  e tamén podedes comentar pinchando na parte de abaixo de cada entrada.

Moito, moito, moito ánimo!! Pronto volveremos darnos grandes apertas de verdade, pero mentres tanto...
...unha grande aperta virtual! 
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario