Bo día, familias! Espero que todos esteades moi ben. Estando na metade deste tempo de aillamento, envíovos TODO O ÁNIMO DO MUNDO para afrontar as dúas semanas que comezan agora.
Como todos sabedes, o ESTADO DE ALARMA que remataba hoxe domingo exténdese 15 DÍAS MÁIS. Seguiremos traballando co blogue; nel seguirei colgando SUXERENCIAS de traballos para que vaian facendo, cada un na medida que poida e ao seu ritmo.
Lembrade, sempre cos materiais que teñades na casa, NON SAIADES para buscar materiais novos nin para imprimir. O máis importante agora mesmo é que nos coidemos moito para que esteamos ben, e sen agobiarvos coas tarefas, que xa chega coa situación que nos toca vivir.
O VENRES 3 DE ABRIL as NOTAS do segundo trimestre chegaranvos a través da plataforma ABALAR. Nelas só se terá en conta o traballado ata o XOVES 12 DE MARZO, nunca o traballo dende a casa.
Só tedes que:
Só tedes que:
1. Entrar na aplicación ABALAR MÓBIL.
2. Pinchar no nome do nen@.
3. Pinchar no menú (arriba na esquerda).
4. Pinchar na pestana "Cualificacións".
Por favor, os que non teñades a aplicación Abalar Móbil, escribídeme ao correo profedegarda@gmail.com para que volas poida enviar. Á volta entregarémosvos a todos os boletíns impresos, coma sempre.
Moitos, moitos, moitos bicos e apertas para todos e todas!!!😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario