Vou ir colgando neste blogue algunhas fichas para que poidades imprimir e practicar a escritura, operacións... Pero se non podedes imprimilas, non vos preocupedes, podedes escribir en folios, en libretas que teñades na casa.
Ademais, podedes escribir sobre o que queirades: un diario coas cousas que facedes cada día, contar algunha anécdota, cartas, contos, poemas, notas, ...o que máis vos guste!!
Intentade ler todos os días. Buscade pola casa os libros que máis vos gusten, cómics, contos, poemas... Así practicades para o lectómetro 😉
En matemáticas, podedes fixarvos en todos os números que atopedes, anotalos, escribilos con letras, ordenalos de maior a menor e de menor a maior, sumar, restar, crear problemas con eles e resolvelos...o que se vos ocorra. Ah!! E xa que temos que estar na casa, é unha gran oportunidade para practicar coa báscula pesando alimentos, coas xerras medidoras, para ver canto líquido cabe dentro, e coa cinta métrica, para medir os obxectos que queirades.
![]() |
Pasos para restar llevando |
En sociais, podedes facer algún experimento que se vos ocorra con auga, sempre coa axuda dos maiores. Podedes facer fotos ou vídeos, e tamén escribir a experiencia e debuxala. Se queredes repasar, recordade que están os vídeos colgados no blogue.
![]() |
Ciclo da auga |
Para Educación Física, podedes ver o blogue do profe Toño: https://eftorreilla.blogspot.com/ Aquí tamén podedes atopar cortos para traballar valores.
![]() |
https://eftorreilla.blogspot.com/ |
![]() |
https://thearousabridge.blogspot.com/ |
![]() |
https://torremusiquilla.blogspot.com/p/torremusiquilla-1.html |
Se necesitades algunha aclaración, tedes algunha dúbida ou queredes comentarme algo, podedes escribir ao correo do blogue que xa coñecedes: profedegarda@gmail.com , ou comentandoo nas entradas do blogue.
Coidádevos moito, colaborade moito na casa e non esquezades lavar moi ben as mans a miúdo. Déixovos o cartel do cole, para que o fagades moi, moi ben!
Moitos, moitos, moitos bicos e apertas!!!
Belén
No hay comentarios:
Publicar un comentario