Que vos parece se facemos hoxe o que nos faltaba para rematar o lap-book dos animais?? Así, cando volvamos, só temos que pegalo...e ver que bonitos quedaron!!
1º. Pensade no voso animal favorito, describídeo seguindo as instruccións e debuxádeo. Ten que ocupar MEDIO FOLIO para que quepa no lap-book, e RECORDADE, se non podedes imprimir estas fichas, non importa, podedes facelo nun folio en branco e dádeslle o voso toque persoal😉
![]() |
FICHA 14 |
2º. E agora que xa coñecedes os tipos de animais que hai, sobre todo os vertebrados...deixade voar a vosa creatividade para inventar o voso ANIMAL IMAXINARIO. Si, si!! Entendestes ben!! Marcade as caracteríscas que vós queirades, poñédelle nome, e non esquezades facer o debuxo!! Vai ser xenial sorprendernos cos animais que creastes á volta!!
![]() |
FICHA 15 |
Moi ben!!! Agora que xa temos o lap-book listo, e, como sei que vos encantan...anímovos a ver os vídeos sobre os animais que hai no blogue. Buscade en Naturais - 2º e pinchade nos vídeos que queirades ver.
Que alucinantes son os animais!!😍
E para rematar...unhas restas con levadas para que non se vos esquezan, agora que xa sodes uns expertos!!
![]() |
FICHA 16 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario