Hoxe, 5 de xuño, é o día do medio ambiente.
Neste cartel temos eco-retos que nos axudan a todos a coidar o noso planeta.
Podedes elexir un destes eco-retos, escribilo nun papel, en galego, con moi boa letra decorada e facer un debuxo que teña relación con el.
Sacádelle unha foto e enviádemo e faremos unha entrada con todos!!
Podedes facelo ao longo da próxima semana.
E, dende a Concellería de Medio Ambiente e o Equipo para a Transición Enerxética da Arousa, invítannos a un paseo con Pepo pola Arousa para reflexionar como a coidamos mellor.
Pepo pídenos que cubramos esta enquisa online sobre o uso da enerxía nos fogares da Illa de Arousa.
PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER Á ENQUISA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario