Ola a todos e todas!!
Os compañeiros de cuarto
pídennos colaboración para
dúas actividades moi chulas.
A primeira sobre algúns animaliños
e plantas en perigo de extinción
da Ría de Arousa.
Mirade o vídeo e animádevos a axudarlles!!
A segunda para o Día do Libro,
que xa está á volta da esquina...
o 23 de abril!!
Propóñennos escoller un libro
para empezar a ler e grabar un vídeo
ensinando o libro,
lendo o título e o nome do autor,
e por último, lendo a primeira liña do libro.
Propoñen que sexa mellor en galego,
pero tamén pode ser noutros idiomas.
Para que vexades como facelo,
mándannos algúns exemplos:
A data límite para envialos é o
vindeiro mércores 21 de abril.
O correo ao que tedes que envialos é
correofamilias3B@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario