Bo día nenas e nenos!!
Comezamos a semana con moitas ganas de ser creativos!!
Pronto se publicará a revista escolar deste curso,
e dende o Equipo de Dinamización Lingüística propóñennos un novo concurso o...
CONCURSO PARA A PORTADA DA
REVISTA CARCAMÁN 2021
Para participar hai que realizar un deseño para a portada
que teña as seguintes características:
* Tamaño folio DIN A-4, en vertical, ocupando todo o espazo.
* Ten que aparecer o seguinte:
- REVISTA CARCAMÁN 2021 (Arriba de todo).
- CEIP TORRE ILLA
- Caricatura de Xela Arias, autora homenaxeada
no Día das Letras Galegas,
ou outra ilustración relacionada
co colexio ou coa Illa de Arousa.
Entregade as vosas creacións NA AULA VIRTUAL ata o
MÉRCORES 28 DE ABRIL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario