Translate

sábado, 24 de abril de 2021

O ESCARABELLO MAREAL

 Ola a todos e todas!!


Como case todos os venres, os amiguiños 

de Marcial volveron visitarnos.


Onte foi Mareal, un escarabello mariño algo enfadado 

porque os seres humanos lixamos o noso medio.


Menos mal que recoñeceu que os nenos e nenas do cole

fixemos un gran traballo limpando os areais!!


E esas moedas e billetes que atopamos no sobre na praia...

eran para que traballemos na clase con eles! 

  

  
 



Mareal di que costa moito diñeiro retirar e reciclar o lixo 

que queda tirado nas praias.

Tamén nos contou que o está molestando sempre a mosca alcalina...e pediunos que investigaramos sobre ela!!

Esperamos que che gusten as nosas investigacións, Mareal!

Ata a próxima!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario