Translate

lunes, 21 de junio de 2021

"O RAP DE MARCIAL"

 Ola a todos e todas!!

Hoxe Marcial veu para despedirse de nós 

antes de emprender a súa viaxe de volta ao seu planeta.

Confía en nós para que sigamos coidando o noso mar

e os seres vivos que habitan nas súas augas, 

e  despediuse propoñéndonos...

ver a súa peli favorita comendo palomitas!!!

🎬Grazas!!!🎬

Aprendemos e divertímonos moito contigo, Marcial, 

e por iso che dedicamos este rap que compuxemos

 durante este curso que está rematando.

🎵🎶🎵🎶

Nese proceso aprendemos un montón de cousas: 

inventamos e escribimos versos, 

xuntámolos para crear estrofas,

  e agrupamos as estrofas formando un poema.

Despois aprendémolo e ensaiámolo a

 ritmo de rap, e finalmente fixemos a grabación,

na que nos divertimos un montón.

Esperamos que vos guste a todos, e a ti tamén, Marcial!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario