Translate

jueves, 3 de junio de 2021

SAÍDA Á PRAIA CON ACTIVIDADE DE PLÁSTICA

 Ola a todas e todos!!

Bonito día de sol e mar hoxe no Cabodeiro!!

Chegamos con moita  ilusión e a paisaxe, 

como nos dixera Marcial... espectacular!

 Escoitamos moi atentos as instruccións da profe Xema.

E  puxémonos en equipo a buscar diferentes materiais naturais 

para a nosa creación artística: cunchas, cons, ramas...todo valía!!

Deixamos voar a creatividade...e empezaron a saír

obras preciosas en cada rincón da praia.

Un invernadoiro por aquí...


...un volcán por acolá,



mosaicos a base de cons,



emoticonos con cunchas,



máis volcáns...



...e ata unha novia para Marcial!!


EXPOSICIÓN DAS OBRAS







Despois de tanto crear, tocou descansar, 
merendar, debuxar e xogar!!









E ao final, volta ao cole coa ledicia de pasar unha mañá 
estupenda cos nosos amigos e amigas ao aire libre. 
Tamén  moi satisfeitos e orgullosos porque fomos moi coidadosos coa nosa praia e o noso medio.

Grazas, Marcial, por invitarnos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario