Ola a todas e todos!!
Esta semana estivo chea de bos momentos!!
Comezamos o martes co Día da Muller, no que
compartimos as nosas investigacións sobre algunhas
mulleres que contribuíron a cambiar o noso mundo.
Continuamos o xoves con outras dúas mulleres moi próximas
a nós, dúas axentes da Policía Local da nosa localidade,
que viñeron explicarnos como utilizar os nosos patinetes
e bicicletas cumplindo á perfección as normas de circulación,
e moitas cousas máis interesantísimas para circular con
seguridade pola rúa, como peóns e como conductores.
Puidemos practicar sobre as nosas bicis e patinetes,
e tamén andando como peóns, claro!!
Foi moi divertido e aprendemos un montón!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario