Translate

viernes, 25 de noviembre de 2022

OBRADOIRO CLAUDIA

Ola de novo!!
Esta semana empezamos cos obradoiros 
dos traballos das nosas familias. 
O martes veu Claudia, a mamá de Ágatha, 
que é auxiliar de enfermería. 
Con colaboración de Ágatha, explicounos 
cousas súper interesantes do seu traballo 
con persoas maiores e dependentes: 
as actividades nas que lles axuda, o lugar onde traballa, 
os aparellos que utiliza... 
Entre outras cousas, aprendemos
 que é moi importante para estas persoas 
realizar exercicio físico a diario, e quixemos probar
algunha das actividades que fan con ela.


A súa profesión é moi importante, xa que 
 traballa axudando a moitas persoas que o necesitan,
para que a súa vida sexa máis fácil.

Moitas grazas Claudia,
 por dedicarnos o teu tempo 
e por compartir con nós a túa experiencia!!

E moitas grazas, Ágatha por ser
unha fantástica axudante!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata pronto!!

3 comentarios: