Translate

miércoles, 30 de noviembre de 2022

OBRADOIRO NOELIA

 Ola a todas e todos!!

O luns veunos ver Noelia, a mamá de Iker,
para falarnos sobre o seu traballo como 
administrativa  no varadeiro da Arousa.
Neste caso foi Iker quen lle axudou a explicarnos
os detalles da súa profesión: as tarefas que ten que facer, algúns programas informáticos que utiliza, como escribe as cartas para comunicarse cos seus clientes...
Démonos conta do importante que é aprender 
idiomas para poder realizar algunhas profesións, 
especialmente o inglés, que é o que estamos 
estudando no cole.
Ensinounos cousas moi interesantes sobre os barcos: os diferentes tipos que hai, por que motivos están no varadoiro e tamén os guindastres enormes cos que alí
os levantan para movelos.
Contounos que ao varadoiro chegan barcos 
que veñen de moitos lugares do mundo e fomos con ela de viaxe polo mapamundi para coñecer
onde se atopan algúns deles: Reino Unido, Francia, Italia, Finlancia, Estados Unidos, Australia...
Explicounos o que é un presuposto, e o importante que é
para que as persoas saiban o diñeiro que van ter que 
pagar polas cousas. Ademais comprendemos que é moi importante a concentración no seu traballo, para non confundir nin preocupar aos seus clientes.
Moitas grazas Noelia,
por acompañarnos esta mañá, por levarnos
en barco de viaxe polo mundo dende os nosos asentos e 
por ensinarnos como as cousiñas que aprendemos agora nos poden axudar no noso futuro.

E moitas grazas, Iker, por ser 
un axudante marabilloso!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata pronto!! 

2 comentarios: