Ola a todos e todas!!
Hoxe todo o alumnado de 1º
desfrutamos na biblioteca do cole
dunha actividade moi interesante chamada
"MOCHILAS LILAS".
Reflexionamos xuntos sobre como hai algunhas
cousas que nos diferencian aos nenos e ás nenas,
e tamén hai moitas outras que temos en común.
Pensamos nos personaxes de vídeos infantís
que nos gustan, ou os xoguetes cos que nos gusta xogar.
¿Son xoguetes "de nenos" ou xoguetes "de nenas"?
Chegamos á conclusión de que non importa,
só son xoguetes, e son para todas e para todos
os que queiramos xogar con eles.
Descubrimos que ás veces algúns nenos e nenas
viviron situacións inxustas polo seu xénero,
pero que ao final se solucionaron.
Recordamos que todos somos diferentes
e que ás veces necesitamos axuda.
Divertímonos moito elexindo a nosa pedriña.
E rematamos xogando a un bingo de
profesións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario