Translate

miércoles, 14 de diciembre de 2022

OBRADOIRO MARTÍN

 Ola a todas e todos!!

O luns visitounos Martín, 
o papá de Lara, para falarnos do 
seu traballo de policía.
Coa axuda de Lara contounos que hai distintos
corpos de seguridade que traballan para 
axudarnos e protexernos.  
Se os precisamos podemos marcar 
o número de emerxencias que xa coñecemos:
1 1 2
Pero ademais a policía ten 
o seu propio número:
0 9 1
Martín ensinounos moitísimos obxectos 
que utiliza no seu traballo:
A placa coa que se identifica, 
a defensa,
a defensa extensible
o chaleco antibalas,

o walkie-talkie,
 e as esposas!
Pero ademais... na pista cuberta 
tíñanos preparada unha sorpresiña:
ensinounos o coche de policía!!
Tamén nos explicou que os policías ás veces 
traballan con cans que lles axudan, e que non só
se moven en coche. Tamén poden ir en moto, 
en helicóptero e incluso...a cabalo! E ensinounos 
moitos máis obxectos cos que traballa:
os conos, 
as lanternas con cono luminoso,
as cintas de seguridade,

o escudo
 e o altofalante!

Encantounos escoitalo e poder ver tan de cerca
e ter nas nosas mans todos eses obxectos, 
por iso lle demos un forte aplauso!!
Grazas, Martín, por vir para estar con nós 
este ratiño e ensinarnos o importante que é 
o traballo dos policías para que todos
poidamos sentirnos máis seguros e protexidos.

Tamén por despedirte de nós coa sirena 
que esperabamos con tanta expectación!!
E moitas grazas a Lara por ser unha 
axudante marabillosa e por traernos este
biscoito súper delicioso!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!
Ata a próxima!! 

3 comentarios:

  1. Muchas gracias Martín por ser un ángel 💙 más cuidando y velando por nosotros .
    Infinitas gracias por tu labor y dedicación y por supuesto por pasar parte de tu tiempo con nuestros niñ@s lo pasaron súper bien .y gracias por tu detalle!!!
    👮‍♂️Que viva el CNP!!! 🚔Y los ángeles custodios siempre estén con vos.un saludo.

    ResponderEliminar