Ola a todos e todas!!
Este martes veu a vernos Raquel,
a mamá de Cayetana, para contarnos sobre
o seu traballo como camareira e
encargada dun restaurante.
Non é un restaurante calquera,
senón que está nun faro, por iso
con axuda de Cayetana, ensinounos
unhas fotos preciosas que fixo o avó
do fondo mariño que hai debaixo dese faro.
Despois mostrounos o importante que é
ter boa memoria e traballar moi concentrada
para anotar todo correctamente
e non levarlle aos clientes PEDIDOS equivocados.
Parecíanos moi fácil...pero enseguida nos
demos conta de que non é tan sinxelo
con este xogo:
Raquel díxolle un pedido a Cayetana,
e tivemos que transmitilo de un en un.
Chegaría correctamente ao último??
Os camareiros e camareiras
utilizan a BANDEXA para levar
as bebidas ás mesas dos clientes
e tamén para recoller os vasos que utilizaron.
Hai que ter concentración e moi bo equilibrio para
que todo chegue sen estragarse.
Raquel propúxonos un novo reto:
conseguiremos recoller os vasos e levalos
na bandexa sen que nos caian?
Premede na imaxe para velo!
Ás veces pode utilizar un pequeno
CADERNO e un BOLÍGRAFO para
anotar os pedidos dos clientes.
Por iso nos quixo facer un agasallo
e Cayetana repartiunos:
cadernos e bolígrafos para todos!!
Moitas grazas, Raquel, por regalarnos un pedaciño
do teu tempo para ensinarnos a túa profesión.
Comprendemos que ás veces o que parece fácil
non o é tanto é que é necesario traballar con
concentración e un sorriso para que todo saia ben.
Ademáis desfrutamos un montón dos
xogos que nos propuxeches.
E moitas grazas a Cayetana por ser unha
estupenda axudante!!
Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!
Ata a próxima!!
Muchas gracias Raquel!!!!👏👏👏👏👏👏👏👏
ResponderEliminarMuchas gracias Raquel! 👏👏👏👏👏👏👏👏
ResponderEliminarMuchas gracias Raquel!!! Muy interesante tu obradaoiro.
ResponderEliminar