Translate

jueves, 18 de enero de 2024

BARBAFEITA

Ola a todos e todas!!

A semana pasada empezaron a chegar

pistas ás clases de 2º e puxémonos a investigalas.


 Pareceunos que eran obxectos de pirata, 

e días despois chegounos unha carta 

nunha botella que o confirmaba!



Tivemos que pescudar un pouco para

descubrir o nome do pirata... e conseguímolo!

E por fin, coñecemos a Barbafeita!


Contounos que quedou encallado 

por culpa dos "pellets", e investigamos 

nas nosas casas para saber que era eso.

Buscamos o noso propio nome pirata

e preparámonos para facer o noso 

xuramento corsario: traballaremos en 

equipo para axudar a Barbafeita...

...e conseguiremos recompensas por 

participar nos seus retos corsarios! 

Ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario