Translate

lunes, 5 de febrero de 2024

CHARLA SOBRE METEOROLOXÍA CON RAMÓN OTERO

 Ola a todos e todas!!

Comezamos a semana recibindo a visita

Ramón Otero, que nos explicou unha

 morea de cousas  sobre a meteoroloxía 

da Illa de Arousa os instrumentos 

que se usan para estudala. 

 Na súa páxina web, "Chuvilla", anota os datos das

precipitacións que caen na Arousa todos

os días, así podemos consultalos e saber

cousas tan curiosas, como por exemplo, en que

ano choveu máis ou  se choveu o día que nacemos!

Que interesante!!


 Para poder anotar os datos debe anotar
a diario a cantidade de chuvia que recollen 
os PLUVIÓMETROS. 


Se algún día non está na casa e non pode 
vaciar os pluviómetros...ten outros pluviómetros
especiais, que funcionan de xeito automático e 
envían os datos a unha páxina web. 

Así coa axuda das tecnoloxías, 
pode saber a cantidade de chuvia 
que caeu na Arousa aínda que estea lonxe.


Encantounos todo o que nos explicou. 
Démonos conta de que detrás dun simple
"click" que facemos na páxina web para
consultar datos meteorolóxicos hai 
moito traballo: para elaborar a páxina,
para recoller os datos a diario e moito
 traballo en equipo, 
como facemos nós no cole.


Tamén nos recordou o importante que é 
a auga e o seu coidado, igual que 
o coidado do medio que nos arrodea, 
e a importancia das 3 R
Recordades??
REDUCIR
REUTILIZAR
RECICLAR


Moitas grazas por vir compartir con 
nós un ratiño e explicarnos datos
tan interesantes sobre a meteoroloxía
da nosa zona e como afecta 
ao entorno que nos rodea!!

Ata outra!!

1 comentario: