Translate

miércoles, 28 de febrero de 2024

ROSALÍA DE CASTRO

23 DE FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA

Encántannos os poemas 
de Rosalía de Castro
e gústannos moito as cancións
que a partir deles crearon.

Por iso con agarimo
esta homenaxe montamos
para celebrar o teu día,
nosa querida Rosalía!


POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO
"ALBORADA"
"NO BICO UN CANTAR"
"HAS DE CANTAR"
"EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO"

CANCIÓN

"CAROLINA CORONADO Y ROSALÍA DE CASTRO"


Para rematar as conmemoracións
de Rosalía de Castro Barbafeita propúxonos 
saír pola Arousa a levar os seus poemas,
así que...
DITO E FEITO!!
Preparámonos para saír.
Fixemos unha parada para deixar un dos carteis
na Cofradía de Pescadores e cantámoslles
a cantiga do poema "Alborada".
A continuación fomos á Praza de Abastos,
e alí deixamos outro cartel, e os nosos 
compañeiros recitaron outro poema de Rosalía.
Moitas grazas a todos e todas pola amabilidade
coa que nos recibiron e os agasallos que nos deron!!
E agora, que??
Conquistamos o cartel da Arousa
que hai na Praza do Regueiro!
Unha pequena merendola...
...e á abordaxe!!
Foi unha mañá chea de "Benestart" que puidemos
desfrutar xuntos os compañeiros e compañeiras de 2º.
Ata pronto!! 

3 comentarios:

  1. ¡Qué belleza, los vídeos de Rosalía Pequeniña!

    ResponderEliminar
  2. Encantounos o mural de Rosalía chic@s! Feliz día de Rosalía!

    ResponderEliminar
  3. Belén gracias por las canciones que nos has puesto sobre todo (Alborada)💖 AM NF.

    ResponderEliminar