Boa tarde a todas e todos!
Esta mañá, grazas á colaboración do Concello da Illa de Arousa e a Libria, puidemos desfrutar do teatro de títeres da obra "A biblioteca galáctica contra a IA fantástica", do autor Carlos Labraña.
Antes dese momento, que foi súper entretido, lemos o libro e fixemos un pequeno coloquio sobre el na aula.
Tivemos a gran sorte de que o propio Carlos Labraña nos firmase os nosos libros e fixese unha foto connosco.
E por último o momento que esperabamos con ilusión: ir con todo o cole a desfrutar da obra no Auditorio da Arousa.
Gustounos moito a experiencia e dámoslle as grazas ao Concello da Illa de Arousa, a Carlos Labraña, á Editorial Galaxia, ao grupo de teatro "Tanxarina", a Libria e a todas as persoas que a fixeron posible.
Grazas!!
Ata a próxima!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario