Translate

sábado, 23 de septiembre de 2023

miércoles, 20 de septiembre de 2023

TRABALLOS NA NATUREZA

 OS TRABALLOS NA NATUREZA

OU TRABALLOS DO SECTOR PRIMARIO
FÍXATE TODOS OS TRABALLOS QUE 
SE REALIZAN NA NATUREZA.

APRENDEMOS MÁIS SOBRE OS 
TRABALLOS NA NATUREZA CON ESTE XOGO
A MINERÍA

lunes, 18 de septiembre de 2023

domingo, 17 de septiembre de 2023

BENVID@S!!

Benvidos e  benvidas ao curso escolar 2023/2024!!
Esta semana que foi aínda de verán vivimos o
reencontro cos nosos profes e compañeiros 
con moita ilusión!!

Tivemos ademais a sorte de comezar cunhas 
mensaxes marabillosas de Silvia, Noa, Kiara, Noa e  Lola,
 exalumnas do noso cole, dándonos moitos ánimos 
desexándonos  un curso estupendo.
Grazas, chicas!!
💖💖💖💖💖
Tamén puidemos coñecernos un pouquiño 
máis a fondo mentres nos divertimos
co "Bingo dos amigos".
Unha semana de emocións e nervios
coa que demos comezo ao 2º curso da Primaria.
Moito ánimo e a por el!!

viernes, 23 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN

 Ola nenos, nenas e familias!!

Libria non quere ir de vacacións

sen antes deixarvos unhas recomendacións

lectoras para que pasedes un verán

alucinante!!

Premede na imaxe para acceder ao blogue 

da biblioteca e coñecelas xogando ao pilla con ela!!

Libria despídese ata setembro 
coa súa canción:
"DÁLLE AO LAPIS, CARCAMÁN!"
FELIZ VERÁN!!

miércoles, 21 de junio de 2023

ÚLTIMO DÍA DE CURSO

Ola a todos e todas!!
Hoxe foi o  noso último día en 1º, 
e fixemos moita cousas divertidas.
Comezamos facendo un programa 
de chistes que improvisamos deseguida,
con presentadores/as e cómic@s
moi espontáneos!!


 Despois de botar unhas risas pintamos e
xogamos ata a hora do recreo.



 


Ao vir do patio celebramos os 
aniversarios dos nen@s que cumplen anos en verán.
Tomamos unha merenda  especial e desfrutamos 
da festa e do baile cos compañeiros na nosa clase. 
Antes de marchar tivemos moitísimas visitas 
de nen@s e profes que viñeron despedirse,
 e sacamos unha foto coa "teacher" Olalla.


Agora toca desfrutar da estación
que comeza hoxe ...

GENIALLY

 

Ola a todos e todas!!
Como sei que vos encanta
déixovos o Genially para que
 xoguedes canto queirades!!
PREMEDE NA IMAXE 
PARA ACCEDER!!

lunes, 19 de junio de 2023

"DÁMOSLLE A VOLTA AOS CONTOS"

Ola a todos e todas!!

A semana pasada rematamos

de darlle a volta aos contos clásicos 

e o noso traballo xa está no auditorio

 para que todos e todas poidades velo.

 

Esperamos que vos guste!!

"PETER PUNK"

Ola a todos e todas!!

Este luns asistimos ao espectáculo 

de Peter Punk "Peor imposible.



Rimos un montón e pasámolo xenial!!

viernes, 16 de junio de 2023

SAÍDA Á PRAIA

Ola a todas e todos!!

Esta semana recibimos unha nova carta 
de Caretas que nos propuxo un plan.
O encargado leunos a carta e 
aceptamos encantad@s!!
O venres puxémonos en marcha!!
Co profe Toño fixemos 
moitos xogos.





Despois merendamos e tivemos un
agasallo sorpresa!!
Grazas, David!!

E para rematar a mañá, 
démonos un gran chapuzón!!


Preparados para os últimos días de curso!!
Ata a próxima!!

jueves, 15 de junio de 2023

AS MÁQUINAS

 AS MÁQUINAS

MÁQUINAS SIMPLES E COMPOSTAS

XOGO 1

Nada mellor para coñecer as máquinas
e ver como cambiaron ao longo do tempo
que visitar un museo moi especial que montaron os compañeiros de 2º!!
Moitas grazas por compartilo con nós 
e por explicarnos tan ben!!

lunes, 5 de junio de 2023

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Ola a todas e todos!!

Hoxe conmemoramos o

Día Mundial 

do Medio Ambiente

e o alumnado de 1º quixemos

animar a todos e todas 

a coidar o noso planeta

facendo uso das 3 R

REDUCIR

REUTILIZAR

RECICLAR

Nós xa o fixemos, e podedes ver

o resultado neste vídeo!!

sábado, 3 de junio de 2023

OBRADOIRO DÉBORA

Ola a todas e todos!!
O xoves visitounos Débora, a mamá de Irene, 
e contounos como é o seu traballo nunha XESTORÍA.
Comezamos reflexionando sobre para que 
serven os cartos, e démonos conta de que 
moitas das cousas que temos e facemos 
necesitamos pagalas con diñeiro.
Hai outras cousas que tamén costan diñeiro 
e parece que non  as pagamos nós directamente, 
coma os diferentes servizos que ofrece o Concello.
Pero comprendemos que os pagamos 
todos cos nosos IMPOSTOS.

 Pero...que son os IMPOSTOS?
 Para comprendelo moi ben Débora 
propúxonos facer un teatrillo!! 
Explicounos que é unha FACTURA
que partes ten e para que serve e 
puxémonos mans á obra na nosa tenda.
1º. Vendemos os produtos. 
O COMPRADOR PAGOU
e o VENDEDOR COBROU.
 2º. Ao recibir o diñeiro dos produtos
os VENDEDORES selaron as facturas cun
selo que poñía "PAGADO".


3º. O COMPRADOR levou a súa FACTURA. 
É importante tela, porque se queremos
devolver algún produto necesitámola. 
Pero  o VENDEDOR tamén se quedou cunha copia.
4º. Por último, o VENDEDOR mirou na súa copia
da factura que parte do diñeiro era de IMPOSTOS...
...e  levou ese diñeiro ao "Concello".
 Démonos conta de que do diñeiro que lle 
pagamos na tenda o vendedor non se queda con todo. 
Ten que quitar unha parte para pagar os IMPOSTOS.
E como na tenda xuntan moitas, moitas facturas,
Débora pode axudarlles a calcular canto diñeiro
teñen que pagar de IMPOSTOS para que non 
haxa ningún erro e todo estea correcto!!
Para rematar Irene repartiunos 
diñeiro...de chocolate!!
Moitas grazas Débora, polo agasallo que 
nos trouxeches e por compartir o teu tempo 
con nós para falarnos da túa profesión.
Comprendemos que todos os servizos e 
as cousiñas que o Concello coloca nas rúas 
e tamén o diñeiro que costa arreglalas pagámolo 
entre todos e todas cos nosos impostos.
Gustounos moito practicar as compras con 
moedas e billetes na nosa tenda, e 
encantounos  selar e entregar as facturas!!
Tamén saber que hai persoas que traballan para axudarnos cando temos que facer cálculos 
moi importantes con elas.
E moitas grazas a Irene por ser
unha excelente axudante!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!!