Translate

sábado, 11 de octubre de 2025

PAULA CARBALLEIRA NO CEIP TORRE ILLA

Boas tardes!
Nova actividade para o alumnado de 1º e 2º a vindeira semana. 
Publicitada polo alumnado de 6º A con estes marabillosos carteis.




***
Chegou o  día da visita de Paula ao noso cole e tivemos sorte, xa que os alumnos e alumnas de 6º puidemos encontrarnos uns intres con ela. Atendeunos con moita simpatía e asinounos un dos carteis publicitarios que elaboraramos.
Moitas grazas, Paula!!
Ademais, o acontecemento publicouse na prensa da Arousa, onde tamén dende o Concello agradeceron a nosa colaboración. 
Noraboa a todos e todas!! Grazas tamén ao Concello por facer posible actividades tan chulas!!
Podedes premer na imaxe para ver a noticia completa.
Por último, se tedes curiosidade por ver como foi
a súa sesión de contacontos na biblio...premede no enlace!!
Ata a próxima!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario