Translate

domingo, 11 de diciembre de 2022

OBRADOIRO ESTELA

  Ola a todas e todos!!

Este venres veu ao noso cole Estela, 
a mamá de Ángela, para falarnos da súa profesión: 
técnico de calidade nunha fábrica conserveira.
 Ángela encargouse do ordenador para 
axudarlle á súa mamá a explicarnos
todos os detalles.
Estela contounos como os idiomas,
especialmente o inglés, son necesarios
 para moitos postos de traballo, polo que 
é moi importante estudalo no cole.
Que ben que nós xa o estudamos no cole!
Mostrounos as diferentes conservas que 
envasan na súa fábrica e algunhas máquinas
que utilizan para facelo. Démonos conta de que
esas conservas que eles envasan na FÁBRICA
 son peixes,mariscos e vexetais que antes 
outras persoas recolleron no mar ou no campo, 
é dicir, traballando NA NATUREZA.

 Tamén vimos a roupa 
de protección que levan as persoas.
Chamounos a atención que non puidesen
traballar coas uñas pintadas, nin levar reloxos, 
pendentes, aneis, nin tan sequera...maquillaxe!
Tampouco poden levar a roupa de andar pola 
rúa, e deben poñer unha cofia.
Estela é quen vixía para que se cumpran
todas esas normas, e explicounos por que. 
Entendémolo moi ben: é para evitar 
que caian obxectos estranos dentro das latas,
xa que contaminarían os alimentos.
Tamén deben usar calzado de protección
para evitar esvarar e facerse dano.
Puidemos tocar e ver as partes das latas 
cando aínda están baleiras, e explicounos 
como fan para cerralas cando xa están cheas. 
Sorprendeunos moito!!


Ao rematar Estela e Ángela repartiron...
 latas para todos e todas!!
Moi ilusionad@s comezamos a abrilas!
Que pensades que había dentro?? 
Mexillóns??
Ensalada ou atún??
Nada diso!! 
Era unha lata cheíña de chuches!!
Démoslle un forte aplauso por ensinarnos
tantísimas cousas, por responder a todas as
nosas preguntas e por traernos este 
agasallo tan doce!!
Moitas grazas Estela,
por vir ao noso cole a pasar este ratiño
con nós e mostrarnos como detrás das latas de
conservas que temos nas nosas casas hai moitos traballadores e traballadoras coma ti
que deben ser moi responsables e vixían
para que os alimentos que tomamos
estean en bo estado.
E moitas grazas, Ángela, por ser 
unha axudante súper profesional!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!! 

3 comentarios:

  1. Muchísimas gracias Estela! 👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias Estela !!! Y la verdad q es súper importante y minucioso tu trabajo .gracias por poner tu granito de arena y así poder estar seguros de lo que consumimos.
    Un besazo

    ResponderEliminar
  3. Foi un placer, todos super atentos e moi preguntóns.
    Gracias a Belén por facernos participar nestes obradoiros.

    ResponderEliminar