Ola a todas e todos!!
Este mércores, entre festivo e festivo, veunos
visitar a mamá de Carla, para explicarnos
como é o seu traballo de enfermeira.
Carla fixo un estupendísimo traballo para axudarlle
e entre as dúas explicáronnos cousas
moi importantes que nos poden axudar a todos.
Empezaron por recordarnos o importante que é
para a saúde lavar as mans correctamente.
A continuación explicounos
como actuar ante un atragantamento:
dando golpiños primeiro coa man...
...e se iso non funciona, practicando a
MANOBRA DE HEIMLICH.
Contounos tamén que ante
unha situación de emerxencia debemos
seguir o "PAS"
(PROTEXER + AVISAR + SOCORRER)
1º. PROTEXER AO ACCIDENTADO E Á PERSOA QUE INTERVÉN.
2º. AVISAR A UN ADULTO OU CHAMAR AO 112.
3º. SOCORRER:
👉 COMPROBAR SE A PERSOA RESPIRA.
👉 SE RESPIRA, COLOCALA EN
POSICIÓN LATERAL DE SEGURIDADE.
👉 SE NON RESPIRA, REALIZAR UNHA
"RCP"
(REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR).
Montse ensinounos esta canción para recordar
moi ben todos estes pasos:
Por último, explicounos que son e
para que serven as FÉRULAS.
Esta chámase "ranita".
por compartir con nós o teu tempo
e os teus coñecementos. Puidemos coñecer
e practicar cousas moi, moi importantes para
a saúde das persoas, actuacións que poden
chegar a SALVAR UNHA VIDA!!
E moitas grazas, Carla, pola túa
marabillosa colaboración!!
Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!
Ademais, consideramos que son coñecementos
interesantes para toda a comunidade educativa,
polo que dende o
Departamento de Dinamización da Lingua Galega
do cole estase preparando un vídeo desta sesión,
para que poida chegar a todos os nenos e nenas
do cole e as súas familias.
Enlazareino aquí nesta entrada cando estea listo!!
Ata pronto!!
***
Aquí o temos!!
Tamén o podedes ver en
Carcamán TV premendo
no seguinte enlace.
Ata a próxima!!
Gracias Montse! Aprendieron un montón de cosas y se lo pasaron súper bien!
ResponderEliminarMoitas grazas ós nenos! Portaronse xenial e colaboraron un montón. Paseino super ben!
ResponderEliminarMoitas grazas tamén a profe Belén por esta iniciativa.
Felicidades Montse!!! Gracias por tu labor y compartirlo con los peques!!! Ainara vino súper contenta y.... dando clases de lo que habían aprendido contigo. Un besazo Feliz finde para todos!!
ResponderEliminar