Translate

miércoles, 12 de febrero de 2025

SAÍDA A CORREOS

 Boas tardes a todas e todos!!

Hoxe tivemos unha xornada diferente 

na que fixemos unha saída que estabamos 

esperando con ilusión.

Fomos á oficina de Correos para enviar 

unhas cartas que escribimos 

con moito cariño, e que pronto chegarán

aos seus destinatarios.

Alí Silvia e Elsa atendéronnos con moita
amabilidade, explicándonos o camiño que van
seguir as cartas que enviamos e que se precisa 
para que poidan chegar correctamente 
ao seu destino.
Algunhas delas pesáronas 
e etiquetáronas na oficina.
Outras botámolas directamente no buzón,
pero pronto se xuntarán todas 
para comezar as súas viaxes.
Esperamos que leven moita ledicia e 
cariño alá onde cheguen.
Moitas grazas, Silvia e Elsa por regalarnos 
un anaquiño do voso tempo!!

3 comentarios:

  1. Hola somos Lucía e Daniela C.M. e queremos dicirvos que nos encantou a excursión a correos.Gracis por levarnos.

    ResponderEliminar
  2. Foi moi xenial:D.FATIMA

    ResponderEliminar
  3. Foi moi xeniaal :D Fati

    ResponderEliminar