Boas tardes a todas e todos!!
Hoxe tivemos unha xornada diferente
na que fixemos unha saída que estabamos
esperando con ilusión.
Fomos á oficina de Correos para enviar
unhas cartas que escribimos
con moito cariño, e que pronto chegarán
aos seus destinatarios.
Alí Silvia e Elsa atendéronnos con moita
amabilidade, explicándonos o camiño que van
seguir as cartas que enviamos e que se precisa
para que poidan chegar correctamente
ao seu destino.
Algunhas delas pesáronas
e etiquetáronas na oficina.
Outras botámolas directamente no buzón,
pero pronto se xuntarán todas
para comezar as súas viaxes.
Esperamos que leven moita ledicia e
cariño alá onde cheguen.
Hola somos Lucía e Daniela C.M. e queremos dicirvos que nos encantou a excursión a correos.Gracis por levarnos.
ResponderEliminarFoi moi xenial:D.FATIMA
ResponderEliminarFoi moi xeniaal :D Fati
ResponderEliminar