Translate

miércoles, 15 de abril de 2020

ESCRIBIMOS NOTAS??


Moi bo día  a todos e todas!!! 


Hoxe déixovos  algunhas  actividades de repaso. 

Se tedes calquera dificultade para realizalas recordade que podedes contactar comigo no correo profedegarda@gmail.com, ou mandarme o voso traballo con calquera dúbida que teñades.

Para empezar, que tal se lle escribimos unha NOTA (ou varias!!) a alguén da nosa casa, do cole, da familia, amig@s... e lla colocamos...na porta da súa habitación?...na cociña?...na neveira?...no blogue?


Depende do que digades e a quen!! 

Recordade que unha nota é unha MENSAXE CORTA e utilízase para INFORMAR OU AVISAR de algo.

Só ten que cumplir dúas condicións:


- Ter as catro partes que están no exemplo.


- O texto é cortiño, só unha ou dúas oracións.


Aquí tedes algúns exemplos↓

E para continuar...algo de mates!!


FICHA 21

E agora...algúns problemas ONLINE!!! Pinchade nas imaxes para acceder, despois pinchade nos cadros para escribir, e cando o teñades feito pulsade "Enviar" para ver os resultados.  

 PROBLEMA 1


 PROBLEMA ONLINE 2


No hay comentarios:

Publicar un comentario