Translate

jueves, 23 de abril de 2020

ECOSISTEMAS E ESPECIALIDADES

Bo día!!

Como cada xoves, anímovos a visitar os blogues das especialidades de Inglés e E.F.

INGLÉS
PARTS OF THE HOUSE
THE AROUSA BRIGDE


EDUCACIÓN FÍSICA
 EFTORREILLA

Algunhas compañeiras xa participaron nalgún reto do profe Toño...eu tamén!
Animádevos!! Ides pasar un rato súuuper divertido!! E, por suposto, se vos apetece, podedes enviarmo para compartilo cos compañeiros no blogue!😉







E en NATURAIS, agora que xa coñecemos moitas cousas sobre os animais e as plantas, imos seguir aprendendo sobre os lugares nos que viven e como se relacionan entre eles. 

Empezamos co tema dos ...
ECOSISTEMAS
🌳🗻🐇🐄⛈🌴🐅🐆🐘🐍🌞🌵🐫🐪🐐🌊🐬🐳🐠

Os seres vivos habitan en lugares onde 
poden satisfacer todas as súas necesidades.
PINCHADE PARA VER O VÍDEO.

Un ECOSISTEMA está formado por un conxunto de 
SERES VIVOS e o MEDIO FÍSICO (lugar, rochas, auga...) onde viven.
PREMEDE PARA VER O VÍDEO. 
ESTADE MOI ATENTOS PARA CONTESTAR ÁS PREGUNTAS QUE VOS FAI.
 VIDEO ECOSISTEMAS CON TEST



PINCHADE PARA ACCEDER AO XOGO.
 RELACIONAR ANIMAIS CO SEU ECOSISTEMA



DEBUXAR UN ECOSISTEMA

Facede unha representación do ecosistema que máis vos guste. Pode ser un debuxo, unha maqueta, unha manualidade...o que se vos ocorra. 
Poñédelle de título o nome do ecosistema. 

O ecosistema da vosa composición ten que ter estes dous elementos:
1. MEDIO FÍSICO (LUGAR: ROCHAS, AREA, AUGA... QUE HAI NESE LUGAR).
2. SERES VIVOS (ANIMAIS E PLANTAS QUE VIVEN NEL).

 Podedes investigar sobre o ecosistema que elixades para ver que animais viven nel e, se queredes, podedes escribir  os seus nomes ou as explicacións que vós queirades.

Cando o teñades listo, animádevos a compartilo no blogue!!

Aquí vos deixo algúns ecosistemas para que elixades o voso preferido...ou podedes facer outro que vos guste máis.


***
E empezan a chegar os vosos ecosistemas!!!
👏👏👏

MAR

JOSE

CAMILA

MARÍA O.

DANIELLA



ECOSISTEMA ACUÁTICO -  MARIÑO
ECOSISTEMA ACUÁTICO - MARIÑO









ECOSISTEMAS: LAGO E BOSQUE


No hay comentarios:

Publicar un comentario