Bo día!!
Como cada martes, tedes actividades novas no blogue de inglés:
"PARTS OF THE HOUSE, III"
E tamén unha nova proposta semanal no blogue de Música: "Bailar cos nosos zapatos, pero dunha maneira especial...". Qué intriga!!
PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER.
SOCIAIS
En Sociais imos coñecer máis sobre o tempo atmosférico e os mapas do tempo.
PINCHADE PARA VER OS VÍDEOS.
Practicamos agora cos fenómenos meteorolóxicos e os instrumentos para medilos.
FICHA 31 |
FICHA 32 |
Hai páxinas web onde podemos consultar o tempo que vai facer nas próximas horas ou días.
Recordamos como mirabamos o mapa do tempo en ...
AEMET
Podemos ver o tempo que vai facer nos próximos días, ata sete días!!
Ou podemos ver o tempo que fai no día de hoxe, hora a hora.
SE QUEREDES CONSULTAR O TEMPO EN AEMET, PINCHADE NA IMAXE.
Tamén podemos mirar o tempo na páxina web de...
METEOGALICIA
Igualmente, podemos ver o tempo dos próximos sete días...ou centrarnos no día de hoxe.
PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER A METEOGALICIA.
E por último, podedes convertirvos en METEORÓLOG@S e anotar cada día os datos nunha ficha coma esta. Podedes buscalos en calquera das dúas páxinas web anteriores, ou noutras que coñezades.
FICHA 33 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario