Translate

jueves, 7 de mayo de 2020

ECOSISTEMAS MARIÑOS, INGLÉS E EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día!!
Hoxe imos con ...

NATURAIS

OS ECOSISTEMAS MARIÑOS

Un ECOSISTEMA MARIÑO está formado por un conxunto de SERES VIVOS e o MEDIO FÍSICO (rochas, auga...) onde viven.

COUSAS INTERESANTES:

1. O ecosistema mariño é o máis grande que existe. O 75 por cento da superficie do noso planeta atópase baixo a auga.
2. Nos ecosistemas mariños tamén hai cadeas alimentarias.
Fixádevos na seguinte. As frechas lense así:

O PLANCTON  vai parar á barriga doKRILL →vai parar á barriga do → PINGÜÍN→ vai parar á barriga da→ FOCA→vai parar á barriga da→ ORCA.


PREMEDE NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS.
"ECOSISTEMAS MARIÑOS: FLORA E FAUNA MISTERIOSA E FASCINANTE"




ANIMAIS  DO ECOSISTEMA MARIÑO



"5 COSAS QUE NO SABÍAS DEL MAR"

A continuación, podedes facer unha REPRESENTACIÓN DO ECOSISTEMA MARIÑO que máis vos guste. Pode ser un debuxo, unha maqueta, unha manualidade,...o que se vos ocorra. Poñédelle de título "Ecosistema mariño".

Lembrade que o ecosistema da vosa composición ten que ter estes dous elementos:
1. MEDIO FÍSICO: o que hai nese lugar (rochas, auga...).
2. SERES VIVOS (animais e plantas que viven nel).

Podedes investigar sobre o ecosistema que elixades para ver que animais viven nel, e, se queredes, podedes escribir os seus nomes ou as explicacións que vós queirades.

IMPORTANTE
ALGÚNS DE VÓS XA ME ENVIASTES A SEMANA PASADA MAQUETAS E TRABALLOS DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS; XA VALEN ESES! 
AGORA PODEDES INVESTIGAR SOBRE ELES E ESCRIBIR OS SERES VIVOS QUE VIVEN NEL OU AS EXPLICACIÓNS QUE VÓS QUEIRADES. 


🐟🐠🐟🐠🐳🐟🐬🐠🐋🐬🐟🐡🌊
BREIXO




CAYETANA

MARÍA O.
MAR

JOSE

JOSE

DANIELLA

SINDO


CAYETANA

Como cada xoves, non esquezades visitar os blogues de...

INGLÉS

"WEATHER"
THE AROUSA BRIDGE



 EDUCACIÓN FÍSICA

"ENTRENOS, COMECOCOS E TÉCNICAS DE RELAXACIÓN MUSCULAR"
EDUCACIÓN FÍSICA

No hay comentarios:

Publicar un comentario