Translate

lunes, 4 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O día 17 de maio é o día das Letras Galegas.

Aínda que falta un pouco para o día, ocorréusenos unha actividade para festexalo e tamén encher as nosas casas e a Revista Escolar de palabras en galego.

Para iso pedímosvos que fagades unha palabra decorada, frase ou debuxo relacionado co día das letras galegas ou con Ricardo Carvalho Calero, que é o escritor ao que se lle dedica este ano.
Despois facede unha foto (en horizontal) e mandádella á profe.

 Faremos un vídeo moi chulo con todas as que cheguen e aproveitaremos as imaxes para a Revista Carcamán deste ano.

AS FOTOS TEÑEN QUE ENVIARSE COMO DATA LÍMITE O DÍA 12 DE MAIO.

Se queredes coñecer un pouco a historia de Ricardo Carvalho e divertirvos facendo pasatempos sobre o día das letras galegas, premede na imaxe.

 RICARDO CARVALHO CALERO

No hay comentarios:

Publicar un comentario