Translate

martes, 12 de mayo de 2020

TEMPO E CLIMA, INGLÉS E MÚSICA

Bo día!!

SOCIAIS

"O TEMPO METEOROLÓXICO  E O CLIMA"

O tempo meteorolóxico e o clima son cousas diferentes, non debemos confundilas.

 O TEMPO METEOROLÓXICO  é o estado do ceo 
nun lugar e nun momento determinado

Para estudalo, xa vimos que se usan aparellos como o pluviómetro, o termómetro, a veleta...e elabóranse MAPAS DO TEMPO, que nos din que tempo vai facer nun lugar nos próximos días.

Por exemplo, neste mapa do tempo podemos ver que  O TEMPO   na Illa     hoxe  pode ser chuvioso, soleado e nuboso.


AQUÍ TEDES UNHA SOPA DE LETRAS PARA BUSCAR ALGÚNS FENÓMENOS METEOROLÓXICOS. A VER SE OS COÑECEDES TODOS😉. 
FICHA 50
Se non coñecedes algunha palabra...aquí vos deixo o diccionario da Real Academia Galega. 
Pinchade na imaxe, escribide a palabra no cadro e premede na lupa🔍.


 DICCIONARIO REAL ACADEMIA DA LINGUA


O CLIMA é o tempo que acostuma facer nun lugar determinado ao longo de moitos anos

Por exemplo, Galicia ten un clima no que todos os anos hai diferencia de temperatura entre as catro estacións:

PRIMAVERA: comeza a facer calor.

VERÁN: vai moito calor.

OUTONO: comeza a facer frío.

INVERNO: vai moito frío.


 Representounas de marabilla Ainara neste fermoso mural!

Grazas, Ainara!!


⛅⛈⛄⛅⛈⛄⛅⛈⛄⛅⛈⛄⛅⛈⛄


INGLÉS
"DAYS OF THE WEEK AND MONTHS OF THE YEAR"
THE AROUSA BRIDGE

MÚSICA

"Debuxar ou facer un maio"
 TORREMUSIQUILLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario