Translate

viernes, 11 de noviembre de 2022

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 Ola a todos e todas!

Que ben o pasamos hoxe 
celebrando o magosto no cole!!
🍁🌰🍂🍁🌰🍂🍁🍂🌰
Viñemos guapísim@s e posamos 
cos nosos debuxiños da castañeira...
...e baixamos para xogar a xogos tradicionais:
Encestamos a castaña, 
fixemos tres en raia,
competimos con tres pés,
xogamos ao relevo da castaña,
fixemos carreiras de chapas,
e en equipo empurramos a carretilla!!
E claro, tanto xogar...abriunos o apetito, 
e fomos á clase buscar o boliño de chourizo 
e como non...as castañas asadas!!
Merendamos xuntos no patio
 e despois desfrutamos da foliada, 
onde todos puidemos cantar e bailar 
cantigas tradicionais galegas.
Foi un día xenial!!
FELIZ MAGOSTO E 
BOA FIN DE SEMANA!

🍁🌰🍂🍁🌰🍂🍁🍂🌰

CANTIGAS DO MAGOSTO
"NON CHAS QUERO, 
NON CHAS QUERO"
Laura e Marcos Cid Hortas

"CANCIÓN DO MAGOSTO 13 LÚAS"
Mercedes Rivera

3 comentarios:

  1. Gracias Belen por hacer que fuera un día tan especial.

    ResponderEliminar
  2. Auténticos todos y sus caras creo que es el resultado de pasar un día súper feliz
    Gracias infinitas Belén por hacer esto posible. Una aperta!!😍😘

    ResponderEliminar