Translate

viernes, 25 de noviembre de 2022

OBRADOIRO PAULA

 Ola a todas e todos!!

Continuamos cos obradoiros 
dos traballos das nosas familias. 

O xoves visitounos Paula, a mamá de Xoán. 
Traballa como xerente da 
fundación deportiva municipal.
Xoán axudoulle a contarnos como é 
o seu traballo:  cal é o seu horario, 
que tarefas ten que realizar e onde, que materiais utiliza, cal é o seu uniforme de traballo e todo o que tivo 
que estudar para aprender o seu oficio.

Mostrounos as instalacións deportivas do noso concello,
as asociacións deportivas que hai e as actividades e eventos deportivos que organiza. 
Tamén reflexionamos con ela sobre a 
importancia que ten o deporte para a nosa saúde. 
Ata nos animamos a bailar ao ritmo dunha 
coreografía que preparou o seu equipo de traballo!
Démonos conta da responsabilidade que conleva
organizar as actividades e eventos deportivos
 para que todos e todas poidamos desfrutar 
dos mesmos sen contratempos.
Moitas grazas Paula,
por regalarnos este pedaciño do teu tempo
e ensinarnos o traballo que hai detrás
das actividades que desfrutamos.

E moitas grazas, Xoán, pola 
túa estupendísima axuda!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata pronto!!

3 comentarios:

  1. Un pracer pasar ese rato cos nosos peques. Grazas a tódol@s nen@s pola atención e á profe polo seu traballo! Ata pronto!

    ResponderEliminar
  2. Gracias Paula por venir a contarnos tantas cosas de tu trabajo.
    Me lo pasé muy bien.😇
    Muchas Gracias,un besito😘
    Ainara

    ResponderEliminar