Translate

sábado, 24 de diciembre de 2022

BO NADAL!

 Bo día a todas e todos!

Chegou o Nadal e no cole esperábanos

 unha festa de despedida do ano escolar

 por todo o alto, por iso nos vestimos para a ocasión.




Comezamos intercambiando postais cos

nosos compañeiros de 1º B.

Continuamos recibindo a visita das Súas Maxestades

Os Reis Magos, aos que lle cantamos a nosa panxoliña.

Seguimos cun riquísimo chocolate con rosca
que lle agradecemos á Anpa.
Saúde!!

Seguimos as badaladas dende a mesmísima

Porta do Sol a través de Radio Carcamán...

...e xusto despois desfrutamos da nosa festa!!

Fixemos fotos cos  profes e por último

fomos ao pabillón para cantar as coplas que

 tiñamos preparadas para dar comezo ao Nadal!!


Felices vacacións e

Feliz 2023 para todos e todas!!

1 comentario: