Translate

sábado, 3 de diciembre de 2022

MOCHILAS LILAS

 Ola a todos e todas!!

Hoxe todo o alumnado de 1º 

desfrutamos na biblioteca do cole 

dunha actividade moi interesante chamada

"MOCHILAS LILAS".

Reflexionamos xuntos sobre como hai algunhas 

cousas  que nos diferencian aos nenos e ás nenas,

e tamén hai moitas outras que temos en común.

Pensamos nos personaxes de vídeos infantís 

que nos gustan,  ou os xoguetes cos que nos gusta xogar.

¿Son xoguetes "de nenos" ou xoguetes "de nenas"?

Chegamos á conclusión de que non importa,

só son xoguetes, e son para todas e para todos 

os que queiramos xogar con eles.

Descubrimos que ás veces algúns nenos e nenas

viviron situacións  inxustas polo seu xénero,

pero que ao final se solucionaron.

Recordamos que todos somos diferentes

 e que ás veces necesitamos axuda.

Divertímonos moito elexindo a nosa pedriña.

E rematamos xogando a un bingo de 

profesións!

Pasamos un rato moi agradable
 compartindo experiencias 
e aprendendo xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario