Translate

jueves, 19 de enero de 2023

OBRADOIRO JOSE

Ola a todos e todas!!

Este luns estivo na nosa clase Jose, 
o papá de Ángela, e falounos sobre o seu traballo
como carretilleiro nunha fábrica de conxeados.
Nun plano puidemos ver que
é unha fábrica enooorme!! 
Alí traballan con alimentos conxeados,
e teñen que estar en cámaras frígoríficas grandísimas, 
tan grandes coma o edificio da nosa clase!! Por iso usa unha roupa de traballo especial, moi abrigosa, 
para protexerse do frío e da humidade.
Non pode estar coa roupa da rúa, porque
podería contaminar os alimentos. Ademais ten 
que pasar por unha zona onde desinfecta 
moi ben as mans para poder entrar.
Traballa de noite, cando os alimentos están 
xa gardados e poden recoller e desinfectar todo 
moi ben sen contaminalos.
Na fábrica hai zonas onde se desconxelan os produtos 
outras  onde se traballa cos alimentos xa cocidos.
Despois pasan por MÁQUINAS moi grandes que envasan
os alimentos para que poidan chegar a todo o mundo sen estropearse: Estados Unidos, China, Francia, Xapón...
Coa carretilla leva todos os cartóns 
aos seus contedores de reciclaxe. Pero antes
teñen que pasar por unha máquina que os aplasta
para que non ocupen tanto.
O contedor do CARTÓN é o de cor AZUL.
E os PLÁSTICOS lévaos ao contedor AMARELO.
  É moi importante reciclar para coidar o noso 
planeta, e nós tamén o facemos na nosa clase.
Moitas grazas Jose por regalarnos 
o teu tempo e ensinarnos tanto.
Encantounos aprender cousas sobre as fábricas e recordáchesnos a importancia da reciclaxe e
o necesario que é traballar en equipo e axudar aos compañeiros para que todo saia ben.
E moitas grazas a Ángela por ser unha 
fantástica axudante!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!!   

3 comentarios:

  1. Felicidades compañero!!!! Genial ese obradoiro!!! 👏💪😘

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias!!!!👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  3. Muchísimas gracias 👏👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar