Translate

sábado, 21 de enero de 2023

OBRADOIRO MIGUEL

 Ola a todas e todos!!

O martes visitounos Miguel, 
o papá de Martina, e contounos como é o 
seu traballo de mecánico industrial.
Repara e fabrica máquinas para facer que 
o traballo sexa máis fácil para as persoas
 e utiliza moitísimas FERRAMENTAS.
Ensinounos un montón delas 
algunhas chamáronnos moito a atención!
A ver se recordades para que serven!
Probamos os ELEMENTOS DE PROTECCIÓN que utiliza
 para evitar facerse dano nos ollos, nos oídos e 
nas mans e ademais Miguel explicounos que 
é obrigatorio utilizalos no seu traballo.
Sorprendeunos ver como a soldadora
 convertía o estaño en LÍQUIDO e deseguida 
se volvía transformar en  SÓLIDO ao enfriar.
Gustounos moito o taladro e as diferentes fresas 
que se lle poden poñer: para facer buratos, 
para afiar, para sacar brillo...incluso para debuxar!!
 Nós utilizámolo  
para apretar algúns PARAFUSOS.
Tamén utilizamos un multímetro para
probar unha placa base.
Por último Miguel e Martina sorprendéronnos 
cun agasallo de chuches con forma de 
FERRAMENTAS!!
Moitas grazas Miguel por dedicar este ratiño
a ensinarnos tantas cousas. Foi moi interesante 
coñecer as ferramentas que facilitan o traballo
das persoas e tamén comprender que é moi importante utilizalas con seguridade. 
Tamén por recordarnos que todos os traballos 
son importantes, igual que é importante
estudar e seguir aprendendo sempre,
respectar as normas e traballar en equipo. 
E moitas grazas a Martina por ser unha 
axudante xenial!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!!   

2 comentarios:

  1. Muchísimas gracias! Lara se lo paso genial y aprendieron un montón

    ResponderEliminar
  2. Pola miña parte para repetir,encantoume a cara que poñían cando estaba mostrandolles as pezas e ferranentas cas que traballo,pena de non ser toda a mañan porque o tempo non chegar a nada😄😄😄

    ResponderEliminar