Translate

martes, 31 de enero de 2023

SAÍDA AULA INTERPRETACIÓN MARISQUEO ILLA DE AROUSA

 Ola a todas e todos!

Seguindo as indicacións do noso trasno favorito, 

os nenos e nenas de 1º A fixemos hoxe unha 

visita á aula de interpretación do marisqueo, 

na cofradía de pescadores da Illa de Arousa.

Fomos moi ben abrigados,

 porque...vaia frío!!

Alí puidemos desfrutar de vídeos 

interesantísimos sobre diferentes 

artes de marisqueo.

Vimos os aparellos que se empregan e

escoitamos as explicacións con atención.

Sorprendémonos con obxectos que 

"non pesaban nada", jejeje...

E puidemos incluso observar e tocar 

coas nosas propias mans, buscando na 

area, e mesmo na auga.




Moitas grazas por explicárnolo tan ben!

Foi moi divertido e interesante!

Ata a próxima!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario