Translate

lunes, 13 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023!!

Ola nenas e nenos!
Como vos dixen esta mañá,
aquí vos deixo a nosa copla
de Entroido para que poidades
ensaiala todo o que queirades.
Agora xa sabemos que temos
que cantala coa música da cantiga
"A saia da Carolina". 
Déixovola  aquí tamén!
Que vos divirtades!!

COPLA DE ENTROIDO DE 1º

Ao chegarmos a primeiro
viñamos con  moito medo
pero entre recreos e trasnos 
todo á calma foi volvendo.

***
Nestas festas de Entroido
vouvos aconsellar
ride canto poidades
veciñas do lugar,
veciños do lugar, 
veciñes do lugar,
nestas festas de Entroido
todos a troulear!
O 1º mandadiño do Meco 
está conseguido!! 
O luns todos con MANDIL!!

Recordades que toca mañá??
👏👏👏👏👏👏
2º mandadiño do Meco:
o martes engadimos PIXAMA!!

😴😴😴😴😴
3º mandadiño do Meco:
mércores LIBORIO!!
Quen é quen??
😄😄😄😄😄
4º mandadiño do Meco:
o xoves DISFRACE LIBRE!!
Trouxemos uns disfraces
CHULÍSIMOOOOSSSS!!
Desfrutamos de visitas súper
divertidas con espectáculo incluído 
das profes Maica e Ali!!
Fomos visitar outras aulas do 
cole ao ritmo do Entroido!!
E acabou facendo malabares
tamén o profe Javi!!
E visitamos a aula dos nosos 
compañeiros de 1º B para ensaiar
as coplas e o desfile!!
Estamos desexando que 
chegue o venres de
ENTROIDO NO COLE!!
🎭🎭🎭🎭🎭🎭🎭
E por fin chegou o venres!!
O día máis esperado desta semana foi tan divertido como imaxinabamos!!
FELIZ ENTROIDO 
A TODOS E TODAS!!

1 comentario:

  1. 👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽

    ResponderEliminar