Translate

viernes, 10 de febrero de 2023

OBRADOIRO ESTEFAN

 Ola a todos e todas!!

O xoves visitounos Estefan, o papá de 
Atenea, para falarnos sobre a súa
profesión: mergullador.
Veu vestido co seu equipamento de mergullar, 
e explicounos as partes que o forman:
Un TRAXE DE NEOPRENO, que pesa  moito 
e serve para protexer a pel da auga fría. 

LUVAS DE NEOPRENO  especiais, 
xa que teñen tres dedos cortados para poder
coller as navallas.
ALETAS para desprazarse na auga. 
Están feitas de CAUCHO, e teñen uns buratos
 para que se dobren e non molesten os pés.
GAFAS DE MERGULLARpara ver mellor 
debaixo da auga e un REGULADOR
para botar aire e poder respirar.
Unha REDE para botar as súas capturas e 
a FUNDA para o COITELO
Sorprendeunos saber que os mergulladores 
están obrigados a levar sempre un coitelo, 
para poder cortar se se enredan con algo.

Os PLOMOS, que pesan moito e serven
para afundirse na auga.
Un FLOTADOR LARANXA, que está enganchado
ao traxe e  queda flotando na superficie para 
sinalarlles aos barcos que andan preto 
que aí abaixo hai un mergullador.
Ademais, Estefan tróuxonos diferentes 
SERES VIVOS que colle no mar, na natureza, 
como as ALGAS, que hai de moitos tipos. 
Pareceunos que todas tiñan unha textura moi suave.
Antes de vendelas no MERCADO envíanas
ás FÁBRICAS que hai en CORUÑA e en PONTEVEDRA. 
Alí lávanas, sécanas e deshidrátanas, é dicir, 
quítanlles a auga para que se conserven mellor.
Algunhas como a ALGA PARDA 
úsanse para facer cremas.
Outras  para curar a 
nosa pel das queimaduras do sol, 
como a LEITUGA DE MAR.
E outras utilízanse como alimento, como
os ESPAGUETES DE MAR, o WAKAME ou a 
alga KOMBU, que pode pesar 3 kilos.



As algas, como son SERES VIVOS
REPRODÚCENSE, é dicir, dunha alga 
saen outras algas. No medio das algas
atopamos outros SERES VIVOS agochados: 
 unha cría de MIÑOCA das que se usan 
para pescar, e unha "OSTRA CHINA", que é prexudicial 
para os seres vivos que viven no mar da Arousa.
Os seguintes seres vivos foron 
as NAVALLAS e LONGUEIRÓNS.
Recordades cómo se diferenciaban??
 
Fixemos un experimento moi divertido:
botámoslle sal e vimos como
as navallas saían comer ao botarlle sal, 
porque lles gusta saír cando sobe a  marea 
e a auga do mar ten moita sal.
Os longueiróns non saíron...
porque lles gusta saír cando 
a auga non ten tanto sal.
Por último Estefan ensinounos
 ANÉMONAS. Teñen TENTÁCULOS 
de cores que lles serven para atraer aos peixes 
e teñen un veleno que os paraliza.
Para collelas utiliza LUVAS DE GOMA e tamén unha CULLER, para despegalas das rochas.
Nós tivemos moito coidado para non tocalas,
porque irritan a pel.
Moitas grazas Estefan por visitarnos e facer
posible que vexamos moi de cerca un traxe de mergullador con todos os seus compoñentes.
Encantounos ver e tocar coas nosas mans 
 estes seres vivos tan interesantes.
Ademais coñecemos novos alimentos que nos dá
o mar e recordáchesnos o importante que é coidalo
e non contaminalo para que poidamos
seguir desfrutando de todo o que nos ofrece.
E moitas grazas a Atenea por 
ser un marabillosa axudante!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!!    

1 comentario: