Ola a todos e todas!!
No último obradoiro estivo connosco
Rosy, a mamá de Lía, e explicounos como é
a súa profesión de TÉCNICO EN TURISMO.
Explicounos que o TURISMO é cando a xente
vai de viaxe. Hai moitos tipos de turismo!!
TURISMO DE SOL E PRAIA,
cando a xente viaxa para ir á praia.
TURISMO CULTURAL
cando viaxamos para ver unha obra
de teatro ou para aprender un idioma.
cando viaxamos para ir coñecer unha
comida típica dese lugar.
TURISMO DEPORTIVO,
cando viaxamos para desfrutar dun evento deportivo.
Illa de Arousa. Está dentro do
Museo da Conserva.
A oficina de turismo é un SERVIZO
que pertence ao CONCELLO da Illa de Arousa.
Ao escoitar a palabra "servizo"
enseguida soubemos en que lugar do noso mural debemos colocar a profesión de Rosy:
nos SERVIZOS!!
Na oficina de turismo deseñan os PLANOS...
...e FOLLETOS TURÍSTICOS da Illa de Arousa.
Despois danlles os folletos aos TURISTAS que veñen preguntar. Explícanlles os lugares que paga a pena visitar da LOCALIDADE e sinálanllos no mapa.
Nós temos moita sorte porque os coñecemos todos!!
A PRAIA DO BAO
O PARQUE DO CARREIRÓN
...
Outra das funcións de Rosy é facer de GUÍA TURÍSTICO:
organiza visitas guiadas nas que acompaña aos TURISTAS a eses lugares, ensínallos e explícallos.
Explicounos por que a nosa LOCALIDADE
se chama Illa de Arousa:
"ILLA", porque é unha illa, xa que está rodeada por auga.
E "AROUSA" porque está na RÍA DE AROUSA.
No seu traballo tamén visita a FEIRA DE TURISMO,
para facer publicidade da LOCALIDADE.
Facer PUBLICIDADE quere dicir, mostrarlle a Illa de Arousa
a moitas persoas de todo o mundo que non a coñecen.
Rosy ensinounos uns vídeos publicitarios moi fermosos
da nosa illa que levaron á Feira de Turismo.
a nosa illa ten unha relación moi especial
co número 7, e a continuación propúxonos un reto:
responder a moitas preguntas!
"Que forma ten a Illa de Arousa?"
"Cantos kilómetos cadrados
ten de punta a punta?"
"Que día de xaneiro se celebra o Día do Patrón?"
Fixémolo xenial!!
Soubemos moi ben as respostas porque
Rosy xa nos contara o truco segredo:
todas se responden co mesmo número!!
Mmmm...serán UNIDADES ou DECENAS??
Colocamos moitas fotos de lugares da nosa illa
no mapa xigante que nos trouxo!!
da Illa de Arousa!!
Non demos feito todos os xogos porque
non nos deu tempo, e pedímoslle a Rosy que nolos
trouxera outro día.
Así que volveu onte cos xogos para que puidésemos
facelo todos, pero ademais...traía unha sorpresa!!
Contounos un conto chulísimo dos Bolechas que
falaba dos cons que hai na nosa illa.
Que agasallo máis chulo!!
e turnámonos para poder xogar a todo!!
Probamos a nosa memoria cun xogo
co que coñecemos os cons da Arousa.
Fixemos outro "memory" con
paisaxes da nosa illa.
Divertímonos emparellando diferentes
paisaxes da Arousa co seu nome.
nosa LOCALIDADE no mapa xigante!!
bolsa fermosísima de tea que ten
a palabra "illa" en moitos idiomas.
aula para contarnos sobre a túa profesión.
Démonos conta de que se poden facer
un montón de viaxes diferentes dependendo
do que nos apetece visitar e coñecer.
Tamén de que hai persoas coma ti, que
traballan para facilitar esas viaxes
e facer que as aproveitemos ao máximo.
Tamén por axudarnos a coñecer
mellor os lugares da nosa localidade.
Comprendemos que temos moita sorte
por vivir nunha localidade con tantas PAISAXES
marabillosas que descubrir e ESPAZOS NATURAIS
fermosísimos dos que desfrutar.
E moitas grazas a Lía por
ser un axudante fantástica!!
Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!
Ata a próxima!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario