Ola a todos e todas!!
A semana pasada empezaron a chegar
pistas ás clases de 2º e puxémonos a investigalas.
Pareceunos que eran obxectos de pirata,
e días despois chegounos unha carta
nunha botella que o confirmaba!
Tivemos que pescudar un pouco para
descubrir o nome do pirata... e conseguímolo!
E por fin, coñecemos a Barbafeita!
Contounos que quedou encallado
por culpa dos "pellets", e investigamos
nas nosas casas para saber que era eso.
Buscamos o noso propio nome pirata
e preparámonos para facer o noso
xuramento corsario: traballaremos en
equipo para axudar a Barbafeita...
...e conseguiremos recompensas por
participar nos seus retos corsarios!
Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario