Ola a todos e todas!!
Comezamos a semana recibindo a visita
Ramón Otero, que nos explicou unha
morea de cousas sobre a meteoroloxía
da Illa de Arousa e os instrumentos
Na súa páxina web, "Chuvilla", anota os datos das
precipitacións que caen na Arousa todos
os días, así podemos consultalos e saber
cousas tan curiosas, como por exemplo, en que
ano choveu máis ou se choveu o día que nacemos!
Que interesante!!
Para poder anotar os datos debe anotar
a diario a cantidade de chuvia que recollen
os PLUVIÓMETROS.
Se algún día non está na casa e non pode
vaciar os pluviómetros...ten outros pluviómetros
especiais, que funcionan de xeito automático e
envían os datos a unha páxina web.
Así coa axuda das tecnoloxías,
pode saber a cantidade de chuvia
que caeu na Arousa aínda que estea lonxe.
Encantounos todo o que nos explicou.
Démonos conta de que detrás dun simple
"click" que facemos na páxina web para
consultar datos meteorolóxicos hai
moito traballo: para elaborar a páxina,
para recoller os datos a diario e moito
traballo en equipo,
como facemos nós no cole.
Tamén nos recordou o importante que é
a auga e o seu coidado, igual que
o coidado do medio que nos arrodea,
e a importancia das 3 R.
Recordades??
REDUCIR
REUTILIZAR
RECICLAR
Moitas grazas por vir compartir con
nós un ratiño e explicarnos datos
tan interesantes sobre a meteoroloxía
da nosa zona e como afecta
ao entorno que nos rodea!!
Ata outra!!
carla foi moi interesante
ResponderEliminar