Translate

jueves, 9 de mayo de 2024

A MASA E O VOLUME

Xa sabiamos que os obxectos 

están feitos con diferentes materiais:

madeira, plástico, cristal, papel, metal, cartón...


Tamén que eses materiais teñen 

propiedades distintas. Algúns son

RESISTENTES, outros ELÁSTICOS, 

 IMPERMEABLES, FLEXIBLES, 

TRANSPARENTES, DUROS...

📐   📕   🔮   🔏   📞

UN XOGO PARA PRACTICAR


Hoxe aprendemos que os obxectos teñen
PESO (MASA) E VOLUME, e tamén que 
algúns FLOTAN na auga e outros AFONDAN. 
Para comprendelo mellor 
fixemos algúns EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS
e anotamos as nosas conclusións.

1. PESAMOS OBXECTOS.
2. MEDIMOS O VOLUME QUE OCUPAN OS OBXECTOS.
3. COMPROBAMOS QUE MATERIAIS FLOTAN 
E CALES AFONDAN.
4. COMPROBAMOS A DIFERENZA DE FLOTABILIDADE
EN AUGA SALGADA E EN AUGA DOCE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario