Translate

jueves, 12 de enero de 2023

AGASALLO DE LIBROS!!

 A pesar das trastadas que nos fixeron nos últimos días

hoxe levamos unha sorpresa moi agradable

porque na nosa clase apareceron 

 misteriosos agasallos!!

Despois de investigalos un pouco démonos conta

que tiñan unha "C" invisible, 

e cando os abrimos atopamos...

LIBROS NOVOS PARA A NOSA BIBLIOTECA!!

Fíxonos moita ilusión, porque os que tiñamos

 antes desapareceron sen deixar rastro!

Grazas a isto volvemos colocar novos libros

na biblioteca da clase para desfrutar de 

moitas historias e aventuras xeniais.

Ata a próxima!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario