Translate

lunes, 16 de enero de 2023

OBRADOIRO TAMARA

 Ola a todos e todas!!

Este venres visitounos Tamara, 
a mamá de Marco, para contarnos sobre 
o seu traballo como dependenta nun 
comercio de roupa.
Trouxo o seu uniforme de traballo, que
cambia según a estación do ano, para que
poida estar máis cómoda e non pase frío
no inverno nin calor no verán.
 Tamén ten que levar sempre posta a súa tarxeta de
identificación, que serve para "ticar" cando entra
no seu traballo e tamén cando sae.
Ensinounos algúns obxectos cos que traballa:
Unha PDA, que serve para poder localizar a roupa no almacén e para poder localizar a través da alarma as prendas que non aparecen. Tamén un Ipod que utiliza para facer as compras "online", é dicir, por internet.
Algunhas veces ten que montar caixas para 
enviar os pedidos "online", e Tamara trouxo 
moitas caixas para que puidesemos montalas nós.
Ao principio pensamos que era moi fácil...
pero cando comezamos a montalas vimos
que hai que ter algo de práctica para facelo ben!!
Ensinounos como se etiqueta a roupa para
as rebaixas, que é cando baixan o prezo 
dalgunhas prendas.
Trouxo roupa chulísima e con ela puidemos
formar algúns "looks", porque non é o mesmo vestir
para ir facer deporte que para unha ocasión especial...
Despois practicamos a ir de compras
 co diñeiro que temos o cole, 
e mercamos algúns modeliños.
E como nos encanta pagar co noso diñeiro, 
Tamara e Marco ofrecéronse a facer de 
dependentes na tenda da nosa clase.
Por último tróuxonos dúas caixas moi chulas,
que sorteamos. Son para meter tarxetas regalo do seu comercio, e ademais tróuxonos outro agasallo delicioso!!
Moitas grazas Tamara por compartir con nós
un anaquiño do teu tempo e ensinarnos tanto.
Axudounos moito a practicar as compras e os prezos,
aprendemos como vestirnos para diferentes ocasións
e ensináchesnos o importante que é 
ser amables  e axudar aos clientes para que 
queden contentos e queiran volver.
E moitas grazas a Marco por ser un 
axudante xenial!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!!  

5 comentarios:

  1. Encantadiiisima de estar con vos e pasar unha mañá super divertida!!! Gracias!!

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias Tamara 👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  3. Muchas gracias Tamara 👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  4. Súper chuli Tamara!!! Mil gracias!!😘🥰

    ResponderEliminar