Translate

lunes, 30 de enero de 2023

"DALLE AO LAPIS, CARCAMÁN"

 Ola a todos e todas!!

O último venres tivemos un día cheo de emocións!!

Despois dun obradoiro de cociña súper divertido

fomos á biblioteca para ler uns contos, 

e cando chegamos alí...estaba Libria!!

Estaba sentada e tiña un lapis xigante. 

Pensamos que estaba escribindo un conto, 

pero cando as profes se acercaron para ver 

o conto, resulta que o que escribía era...

unha partitura de música titulada

"Dalle ao lapis, Carcamán"!!

As profes conseguiron ler a partitura 

e cantar un anaquiño, e gustounos como sonaba!!


Ao final Libria agasallounos cunha pegatina moi 

chula que ten escrito o título da súa canción.

Grazas!!

Aceptamos o teu reto, Libria!!

Imos "darlle ao lapis" cada día con moitas 

ganas de facelo ben e moita creatividade!!

Ata a próxima!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario