Translate

lunes, 30 de enero de 2023

OBRADOIRO DAVID

 Ola a todas e todos!!

O venres estivo connosco David,  
a o papá de Carolina, e ensinounos 
como son os seus traballos: 
mariscador e cociñeiro.
No INVERNO traballa nun barco, onde recolle 
ameixas co RAÑO, que se clava na area e recolle 
as ameixas máis grandes. As máis pequenas caen
polas aberturas e así quedan no mar.
No VERÁN traballa como cociñeiro. 
Traballa cun equipo de persoas que lle axudan 
preparar a comida para moitos CLIENTES 
e tamén a limpar a cociña cada día.
Hai tamén camareiros, e unha jefa de sala
que se encarga de recibir aos clientes 
e fala varios idiomas!!
Tróuxonos algúns dos materiais que utiliza.
Esta máquina serve para 
quentar a auga sempre á mesma temperatura
 para  cociñar alimentos envasados ao vacío. 
O SOPLETE tamén serve para quentar a 
comida, pero doutra maneira.
O SIFÓN é un aparello que 
 serve para montar salsas.
Esta é unha MÁQUINA DE ENVASAR AO VACÍO
saca todo o aire da bolsa e despois cérraa. 
É unha maneira de conservar os alimentos 
en bo estado durante máis tempo.
Nós probámola envasando ceras!!

David preparounos unhas BROCHETAS DE POLO,
e os ingredientes que utilizou para 
preparar plato foron moi coloridos!! 
Puidemos probar os que quixemos: salsa para
as hamburguesas, salsa barbacoa,
guacamole, pimentón doce, cebola frita...e 
millo frito...que nos encantou!!
David explicounos que o  EMPLATADO é cando 
se coloca a comida no prato para que quede 
moi ben presentada. É moi importante, xa que
queda moi bonita e apetecible para os CLIENTES.
E despois...a degustar as brochetas!!
Cada un coa súa salsa favorita!!

A continuación David e Carolina serviron o postre!! 
Rica tarta de queixo...
...mmMMmm...
...e piruletas de chocolate para tod@s!!
Moitas grazas David polos alimentos deliciosos
 que nos trouxeches e por  explicarnos os teus 
dous traballos: un na NATUREZA e o outro
nos SERVIZOS
Descubrimos máquinas que non 
coñeciamos e moitos ingredientes que 
nos gustaron tanto...
 que repetimos varias veces!!
Comprendemos o importantes que son
  a creatividade e o coidado para preparar 
platos ricos e  ao mesmo tempo bonitos.
E recordamos que é moi importante 
aprender idiomas para moitos traballos!!
E moitas grazas a Carolina por 
ser unha axudante fantástica!!

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!!

Ata a próxima!!    

1 comentario: